



O porto e a praia de Beluso
Aproximadamente a 1,5 km do porto de Bueu en dirección NO atópase a instalación portuaria de Beluso, que conta cunha superficie portuaria de 56.772 m2, 12.711 m2 terra e 44.061 m2 de superficie de auga.
Este pequeno porto está protexido por un espigón de 200 metros de lonxitude formado por dúas aliñacións. O primeiro ten unha lonxitude de 130 m e o segundo, formando un ángulo de 50º con respecto á aliñación anterior, mide 70 m.
Desde a estrada anexa á primeira aliñación do dique accede a 3 pontóns de atraque para embarcacións, dos cales os dous primeiros son de uso náutico-deportivo e o terceiro de uso pesqueiro.
O calado das augas abrigadas de Beluso é de entre 2 e 5 m. O porto conta cunha explanada duns 6.900 m2 na que hai dúas zonas de aparcamento, cun total de 55 prazas, e as seguintes infraestruturas (12.711 m2):
-
Básico: 7.038 m2
-
Náutico – deportivo: 415 m2
-
Mixto pesqueiro e náutico-deportivo: 128 m2
-
Actividades complementarias: 5.130 m2
Polo sur, un peirao de 70 m de lonxitude separa a explanada descrita da praia de Beluso. Desde esta dársena accédese a dous pontóns empregados polas embarcacións deportivas.
As instalacións de amarre de embarcacións náutico-deportivas de Beluso contan cun total de 79 prazas (60 de uso exclusivo náutico-deportivo) distribuídas nos tres pontóns citados.
Seguindo o peirao descrito existe unha rampla de 35 m de longo e 4 m de ancho destinada tanto ao uso pesqueiro como náutico-deportivo. A zona de servizo do porto tamén inclúe a estrada Praia de Beluso e o paseo marítimo de recente construción que discorre paralelo a el.


